Ferida nace como resposta reivindicativa por parte do colectivo COVA ante a ameaza de desaparición da Carballeira de Casaliños para desenvolver o macro-proxecto Vigo Arena.
Nesta acción, que se realizou o 17 de marzo de 2024, todas as persoas participantes acudiron con vestimentas vermellaspara rodear o camiño da Carballeira collidos das mans, acompañados da melodía vocal de Rubén Fernández. De xeito natural xurdiron aturuxos e pequenas accións froito da enerxía da xente en conexión co lugar e o sentimento pola súa perda.
Este só foi o comezo dunha serie de eventos para poñer en valor este lugar sagrado e nos que a cor vermella segue presente coma unha ferida aberta no bosque.
Agradecemos a toda a xente que colaborou e participou para que a acción Ferida , na que se reuniron case 200 persoas, fose posible.
Agradecementos especiais a:
Rubén Fernández · Lurdes Arias · Vigo Verde Barroca · Ecoloxistas en acción · ADEGA · Amigas das árbores · Lara Alonso · Belén Veleiro · Eduardo Bruzón Bandeira · Lisi González
No Comments